Saltar ao contido

Novo video

Este tema tocado en directo é especial por ser tocado en Vilar de Barrio, pero sobre todo por quen me acompaña na melódica, o meu fillo Xiao. Tocar en directo é sempre unha experiencia fantástica, pero se o fas acompañado do teu fillo esa experiencia vai a outra dimensión.

Vivimos nun mundo.

Preséntovos o novo video. A letra é de Eduardo Galeano.

Homenaxe a Lois Pereiro

Polo 25 Aniversario do seu pasamento AteneoCasino organiza un acto para espallar a poesía de Lois Pereiro. No meu disco Vivimos en Vigo teñe dous poemas musicalizados, Tristemente e Morro en ti, por iso síntome compracido e honrado que contaaran conmigo para este acto.

Comenzo dun novo ano

O ano non puido comenzar mellor ofrecendo un concerto na Arca da Noe o día 2 de Xaneiro do 2021. Ademais de tocar temas do disco Vivimos en Vigo, tamén foron presentados novos temas que foron compostos durante o ano 2020, e que por mor da pandemia non puideron ser presentados no directo. Agora toca agardar como van ir as cousas, e agardo que todo volte a unha normalidade máis ou menos aceptabel para que se poidan celebrar concertos. Pola miña parte sego facendo cousiñas novas para presentar e cando poidamos sair de ruta intentarei presentar o novo material pola ampla xeografía galega.

Novidades

Nestes últimos meses estiven compondo nova música, e reflexionando sobre o que quería mostrar ao público. E nesas ando agora, traballando en novos temas para que poidan estar listos para ser presentados nun escenario.

Quixen tomarme un tempiño para reflexionar sobre o que quería transmitir en directo. Sempre tiven moito respeto polo escenario, e agora máis que nunca quero tocar sen censuras, atravéndome con novos estilos, deixando que a guitarra fale libremente sen cortarlle unha nota…

Estade atentos ao calendario.

 

Homenaxe a Suso Vaamonde

Hai noites máxicas. Unha delas foi cando me invitaron da Asociación Avantar do Carballiño para que colaborara cantando na Homenaxe a Suso Vaamonde. E digo que a noite foi máxica porque cumplín un dos soños que tiña gardadiño dende a miña infancia, cando cantaba as cancións de Fuxas os Ventos ou de A Quenlla. Compartín escenario e coñecín a Mini. Creo que Mini ten un dos timbres máis preciosos que escoitei. Ten un rexistro de graves e agudos fantástico. Esa voz de locutor de radio, que te enamora. Pero se fántástico foi estar no escenario, máis aínda foi coñecelo como persoa e escoitar toda a sabiduría das súas palabras, do saber do pobo, do campo e da terriña. Gardarei na miña lembranza sempre este día.

86377981_10219167611680252_1889308344884133888_o

Un paso atrás para dar dous pasos adiante.

Este ano tomeime un tempiño para reflexionar sobre a miña música, sobre o que quero transmitir nos concertos, sobre o repertorio interpretado. Por iso estiven tocando e compondo novos temas, retocando e actualizando vellos, incluso rescatando temas que compuxera fai máis de dez anos e que ou ben estaban en versión de piano ou nunca foran tocados nos directos.

Con todo isto, estou creando un repertorio para ser empregado nunha vindeira xira que agardo que comence dentro dun par de meses o máis tardar, e agardo poder ir ó maior número de sitios posibles. Foi un paso atrás para dar dous pasos adiante.

Teño xa moita morriña de subirme a un esceario, polo que nos veremos moi pronto.

 

 

 

Presentación de Videoclips

Faga a estrea coa plataforma Galiciantunes  de catro videos de temas tocados en directo

Presentación de videos con Galiciantunes

Próximos videos!!

O 22 de Maio gravei na súa totalidade o concerto feito en Vigo na Etrad onde me acompañou Anxo Pintos. Toquei un número grande de cancións do disco Vivimos en Vigo, pero tamén interpretei temas novos que ando a facer. Con toda esta badaza de cancións que levo conmigo aos concertos irei facendo unha selección e sairán videos tocados en directo.

Tamén teño en mente facer videoclips de cancións do disco. Desta xa non se trata interpretacións en directo, senon de contar unha historia con imaxes. Teño moitas ideas na cabeza e agardo que nos próximos meses se materialice todo.

I Festival VivoVigo

En maio comenza andar un novo festival en Vigo. Ten como finalidade dar a coñecer grupos e artistas de Vigo e lugares onde xeralmente se escapaban da programación de música na cidade viguesa. Teño a honra de comenzar esta andaina con eles por partida dobre, e agardo que este festival sexa todo un referente en vindeiro anos no panorama da música en Vigo.

vivovigo